Home Cidadania 12 de xullo – Eleccións ao Parlamento Galego

12 de xullo – Eleccións ao Parlamento Galego

por Xan Leira

Galicia non pode converterse nunproblema en España

Xan Leira

O próximo 12 de xullo celébranse elecciónsautonómicas en Galicia e outra volta, calquera sexao resultado que deixen as urnas, Galicia non será un problema para a gobernabilidade de España. 

Por que digo isto?

Desde a reconstrución franquista e monárquica da chamada “transición democrática”, Galicia, Euskadi e Cataluña foron neutralizadas nas súas arelas nacionais polo “café para todos” do Estado das Autonomías. A diferenza de vascos e cataláns, que lograron poñer enriba da mesa da negociación constitucional a problemática da gobernabilidadepos-ditatorial –ETA pola parte vasca e o poderío económico e cultural pola catalana–, os galegos –agás a masiva manifestación Pro Estatuto do 4 de decembro de 1977, en Vigo– non tiveron forzaspolíticas propias nin conflitividade que ameazara a transición para negociar e impoñer en Galicia unhadinámica política, social, económica e lingüística de seu, en pé de igualdade coas outras nacionalidades históricas. O Partido Nacionalista Vasco quedouarbitrando a realidade vasca, Converxencia e Unió de Jordi Pujol a catalana, e a dereita española amarrou a galega, baixo o monopolio do actual Partido Popular de Manuel Fraga Iribarne e Alberto Núñez Feijóo. Coido importante subliñar aquí os servizos de Ramón Piñeiro (un vello galeguistafornecedor de intelectuais e institucións funcionaisao autonomismo) e os seus seguidores actuais para garantir que Galicia se mantivera dócil e facilitadora da gobernanza española. 

Só un dato: dos 42 anos de goberno autonómico da Xunta de Galicia a dereita gobernou 35. 

Evidentemente, para que isto aconteza conflúenvarias situacións. O status quo do poder oligárquico e monopólico –conglomerado político e empresarial creado durante os 40 anos da ditadura– necesitou e necesita, coma sempre, territorios controlados para contrapoñer ás forzas independentistas, semprelatexantes e agora máis ameazantes, de Euskadi e Cataluña. 

Os intermediarios e xestores deste poder, enténdaseo Partido Socialista Obrero Español e o Partido Popular, traballan arreo para que Galicia non sexaun problema. A alternancia “saudábel” e “normalizada” na xestión do goberno de España entre o PSOE-PP non é trasladable nin desexablecando falamos de Galicia. Na cuestión galega o PSOE deixa facer. 

Non é casual que a maioría dos seus canditatos á presidencia do goberno autonómico fosen e sexan –como o actual– persoas de pouco ou ningún contraste social e intelectual na vida galega. Aquí, tamén, cabe unha matización sobre o derradeiropresidente socialista da Xunta o profesor da USC Emilio Pérez Touriño, sen lugar a dúbidas –ao meuver– o mellor presidente que tivemos en Galicia. A súa presidencia baixo o goberno bipartito PSOE-BNG (Bloque Nacionalista Galego) so foi un lapsus, unha anomalía na nosa historia recente. Galicia é do PP coma Andalucía do PSOE, agás o lapsus actual.

Eleccións, pandemia e crise

Estas próximas eleccións, suspendidas ás do 5 de abril por mor da pandemia do COVID-19, vansecelebrar entre a apatía e o temor ao contaxio. Ningún dos partidos que promoven o cambio de rumbo na Xunta de Galicia: PSOE (que segue o mandato inmobilista dos de Madrid), BNG (que de día presume de esquerdas e pola noite soña con ser o PNV), Galicia en Común (un fato de resentidos coBNG e de recen chegados) e a Marea Galeguista(que sen forza non chega a ningures), foron quen de promover unha unidade de acción política e electoral que provocara o interese, a participación e o compromiso maioritario da poboación galega para trocar –neste contexto de crise dunha dimensión descoñecida– o rumbo das políticas privatizadoras e de desartellamento do tecido industrial, económico, científico, natural e artístico do país galego. Sendiscurso, sen líderes contrastados e recoñecidospola sociedade e sen ideas claras, a oposición de esquerdas –gañe ou perda o próximo domingo– seguirá sen saber cal é o seu papel para acadar as vontades transformadoras que aniñan en toda a sociedade galega. 

O PPdeG ten en Alberto Núñez Feijóo –sen lugar a dúbidas o único político galego de peso e dimensión nacional e estatal–, un líder consolidado e mimado polos medios de comunicación españois e galegosque colaboran en afortalar o seu liderato en Galicia e a súa proxección na escena política española. Galicia con Núñez Feijóo non será un problema para a gobernanza de España.

O próximo domingo Galicia, gañe quen gañe, volverá perder. O domingo pola noite, despois de coñecido o desenlace electoral, todos os candidatos saíran a avaliar os resultados, saudarándeportivamente ao gañador e, sexa cal sexa o seuresultado, amosaranse satisfeitos, porque no fondo saben que eles continuarán a danza das vaidades, manterán os beneficios persoais e de grupo, pisarán a moqueta do poder, viaxarán no coche oficial, gozarán das xubilacións de privilexio e abriránsellesas portas xiratorias das grandes corporacións. E Galicia, esa terra máxica e rica do noroeste peninsular, seguirá domada e castrada á espera que un feixe de mulleres e homes bos e xenerosospoñan a súa sensibilidade, entrega vital e intelixencia política ao servizo da transformación soberana da Nosa Terra. Velaí o problema para España.

0 comentário
0

RECOMENDAMOS

Comente

* Ao utilizar este formulário, você concorda com o armazenamento e gestão de seus dados por este site.