Home Internacional O goberno de Macri recupera as FFAA para a represión interna

O goberno de Macri recupera as FFAA para a represión interna

por Xan Leira

O decreto 683/17 asinado recentemente polo presidente constitucional Mauricio Macri, que autoriza a intervención das forzas armadas en cuestións de índole interna, remove a memoria e a conciencia da sociedade arxentina para fixar o seu reloxo emocional, cívico e político no decreto 261 ditado en 1975 polo, tamén, goberno constitucional de Isabel Perón para aniquilar a “subversión interior”. O resultado, como sabemos, foi un golpe de Estado e a instrumentación xeralizada dun xenocidio que deixou un saldo tráxico de 30.000 detidos-desaparecidos; a concentración económica nos grupos monopólicos e unha enorme débeda externa.

En trinta e cinco anos de democracia todos os presidentes, dende Ricardo Alfonsín (UCR) até Cristina Fernández de Kirchner respectaron o consenso social de manter ás forzas armadas alleas á política e á intervención en cuestións internas.

O goberno do empresario-presidente Mauricio Macri, conformado por moitos dos sectores económicos e políticos que promoveron o golpe de Estado de 1976, necesita das forzas armadas na rúa para implantar as mesmas medidas antipopulares e “antipatrióticas” que aparecen coa letra pequena no acordo recentemente asinado co FMI.

Hoxe, os Organismos de Dereitos Humanos (Abuelas de Plaza de Mayo – Madres de Plaza de Mayo Línea Fundadora – Familiares de Desaparecidos y Detenidos por Razones Políticas – Asamblea Permanente por los Derechos Humanos – Liga Argentina por los Derechos del Hombre – H.I.J.O.S. Capital – Movimiento Ecuménico por los Derechos Humanos – Asociación Buena Memoria – Fundación Memoria Histórica y Social Argentina), xunto a organizacións sociais, sindicais e políticas convocaron, diante do Ministerio de Defensa, unha importante concentración “repudiando a decisión do presidente Macri de reformar o sistema de Defensa Nacional, habilitando ás FFAA. a intervir en cuestións de seguridade interior”.

Xan Leira

0 comentário
0

RECOMENDAMOS

Comente

* Ao utilizar este formulário, você concorda com o armazenamento e gestão de seus dados por este site.