Home Educação e Formação Monarquia da Desmemoria

Monarquia da Desmemoria

por Xan Leira

España é o segundo país do mundo con máis desaparecidos políticos forzados. Para deter esta vergoñenta tradición –que condiciona negativamente,aínda que non sexamos concientes, moitos aspectos da vida das persoas e institucións– e satisfacer as demandas históricas de milleiros de vítimas e familiares de represaliados do franquismo, os grupos parlamentarios de Unidos Podemos, EH-Bildu, Esquerra Republicana de Cataluña (ERC), Partido Nacionalista Vasco (PNV), Compromís, Nueva Canarias e Partido Democrático de Cataluña (PDCAT) foron quen de artellar, dende as notorias diferenzas ideolóxicas ou de intereses territoriais e políticos, un posicionamento común que achegueMEMORIA, VERDADE E XUSTIZA ás vítimas e familiares da represión franquista e, por extensión, aoconxunto da sociedade española.

O Parlamento español, cos votos do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Partido Popular (PP) e Ciudadanos (Cs), rexeitou, nos días pasados, a admisión a trámite dunha proposta de modificación da Lei de Amnistía de 1977 que entre outras barbaridades xurídicas,políticas e de sensibilidade humana iguala a asasinos e vítimas e impide a investigación e o enxuizamento dos crímenes cometidos polo réxime dictatorial franquista dende 1936 ata a morte do ditador.

O respecto á máis pura “legalidade” (emanada dende as propias estruturas do franquismo) e o desexo de non “abrir feridas” (seguramente hai moito falanxista entre as familias das súas Señorías) son algúns dos pretextos formais, baleiros de pudor, rigor histórico e respecto polos valores democráticos que empregaron os ¿socialistas? e as dereitas españolas para votar a favor de perpetuar a impunidade franquista neste rexeitamento parlamentario.

Cal é o perigo do exercizo da Memoria, da Verdade e daXustiza? A ONU e o Consello de Europa dictaminaron que a cuestión dos dereitos humanos non é unha cuestión de dereitas ou esquerdas, é unha cuestión de reparación das vítimas, é unha cuestión da impunidade sobre a desaparición forzosa de persoas, é unha cuestión de salvaguardar os principios máis fundamentais dos dereitoshumanos… Centros de fosas comúns ao lado das carreteiras de toda España agochan anónima e inxustamente a máis de cen mil represaliados polo franquismo.

Non esquezamos que o alzamento militar franquista atentou violentamente contra a democracia da IIªRepública Española.

Xan Leira

0 comentário
0

RECOMENDAMOS

Comente

* Ao utilizar este formulário, você concorda com o armazenamento e gestão de seus dados por este site.